Chega Sonora!!!
Xa esta aquí a segunda entrega de Sonora do 2008.

O mércores 5 de novembro dende as 17:30 horas tocarán no Teatro da Universidade de Vigo os americans THE STRUGGLERS e pasarase o documental “Neil Young: Heart of Gold” de Jonathan Demme. O seguinte mércores, o 12 de novembro e dende as 17:30 horas, MANOS DE TOPO e MISHIMA farán do campus vigues o centro da música estatal.
Mirámonos!!
9 de Abril/ 18:45h…Radio Dept.
The Radio Dept. é un dos mellores grupos de pop que deu a canteira sueca nos últimos anos, e unha das grandes esperanzas da escea independente internacional.Gozan do recoñemento unánime da crítica e público, o que levoulles a participar con duas cancións na B.S.O. de María Antonieta de Soffía Coppolla, compartindo cartel con grupos como New Order, Air ou The Strokes, ou a facer campañas de Gucci entre outras cousas.
Formados en 1995 na súa Lund natal cando era adolescentes, The Radio Dept saltan á fama coa publicación do se primeiro LP, “Lesser Matters” [Labrador-2003], nun dos catálogos máis exquisitos do panorama musical actual.Dende entón a estrela de The Radio Dept. non parou de medrar, impulsada polas boas críticas que os seus sucesivos Ep´s e mini-Lp´s recibiron na prensa especializada e pola repercusión que tivo a publicación do seu segundo Lp, “The Worst Taste in music” [Labrador-2006].O seu persoal estilo de misturar o synth pop máis delicado e orfebre (Field Mice, Pet Shop Boys, Saint Etienne) con inluencias shoegaze (Slowdive, My Bloody Valentine) e añadindo o new wave (Joy Divison, Human Ligue ou The Smiths) fan deles un cockteil que levoulles a xirar por medio planeta, de Lima a Helsinki… dende Suecia para o mundo.
9/10 Abril 2008… de novo Sonora
Xa temos confirmado o cartaz para o Sonora da primaveira na Universidade de Vigo, aquí vai:
Mércores 9 abril 2008
Radio Dept. + Sr.Chinarro
Xoves 10 abril 2008
Lucky Soul + Nadadora
Concerto de presentación do documental
Como xa tense anunciado dende a web oficial do festival o xoves 15 de novembro haberá un concerto de presentación ao documental sobre Leonard Cohen. Os elixidos para facer súas algunhas das mellores cancións do poeta e cantante serán Nicolas Pastoriza, Apenino e o Colectivooruga.Sen dúbida para non perder tampouco.
Trailer Leonard Cohen I’m Your Man
Aquí tedes un avance do documental do que gozaran fans de sempre, de agora e futuros do polifacético artista canadiense… adiantamos que haberá sorpresas antes da proxección.
Sonora será o 14 e o 15 de novembro
A segunda edición de Sonora no 2007 será en novembro, o mércores 14 e o xoves 15. Lagartija Nick tocará o mércores no Teatro da Cidade Universitaria acompañados dos vigueses Ectoplasma.
Confirmado cartaz para a segunda entrega do Sonora
Xa temos confirmación das actuacións para o segundo Sonora do ano: os granadinos Lagartija Nick serán o prato forte nesta edición. Un grupo contundente, inexplicablemente de culto que deixará a máis de un coa boca aberta e os tímpanos ben educados despoís dunha clase-de-rock-de-clase.E como ven sendo habitual na edición de outono do festival teremos un recuncho para desfrutar doutros espazos para a música lonxe do escenario, esta vez non haberá debate ou discusión, adicaremos unha xornada a figura de Leonard Cohen coa proxección do documental de Lian Lunson ”Leonard Cohen I’m your man”.